OS EFECTOS DA METADONA NA BOCA
A metadona non é peor para os teus dentes que comer doces ou poñer azucre no leite, o café ou o té. Diversas investigacións demostran que os dentes das persoas que toman metadona non están peor que os das que están utilizando heroína.
O que si provoca é...
- Diminúe a produción de saliva, que é unha das defensas naturais do organismo contra a placa dental.
- Se a solución leva glicosa, esta pode ocasionar un incremento da placa, o cal é a causa máis frecuente de carie.
Consellos para facer un bo coidado da boca
• Enxuagate a boca con auga despois de tomar a metadona.
• Se tomas a metadona na casa, lava os dentes despois do tratamento.
• Elimina os alimentos doces da túa dieta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario